La Xunta licita el centro de salud de Galeras

Enlace corto para difundir esta entrada:  http://wp.me/pFyoO-8v

DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se acorda facer público no Diario Oficial de Galicia o anuncio indicativo dos contratos de obras de construción de dous centros de saúde dependentes do Servizo Galego de Saúde, nos concellos de Nigrán (Panxón) e de Santiago de Compostela (Galeras) (cofinanciado pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013) remitido con data do 4 de outubro ao DOUE.

A Dirección de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron confiridas no Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 109, do 28 de maio), anuncia o acordo de inicio dos seguintes expedientes de contratación:

1. Órgano de contratación.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 881 54 18 38.

d) Fax: 881 54 27 62.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratos de obras para a construción de dous centros de saúde dependentes do Servizo Galego de Saúde, nos concellos de Nigrán (Panxón) e de Santiago de Compostela (Galeras).

b) Custo estimado IVE excluído: 3.848.055,99 €, desagregado da seguinte forma:

– Centro de saúde de Panxón-Nigrán 1.099.560,00 €.

– Centro de saúde de Galeras-Santiago de Compostela 2.748.495,99 €.

c) Clasificación CPV: 45 21 51 00.

d) Información adicional: realizarase a súa contratación por separado. Os orzamentos estimados (IVE incluído) para a construción dos centros de saúde son os seguintes:

– Centro de saúde de Panxón-Nigrán 1.330.467,60 €, con IVE.

– Centro de saúde de Galeras-Santiago de Compostela 3.325.680,15 €, con IVE.

3. Relación con algún proxecto ou programa financiado mediante fondos da UE: si, co programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

4. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de outubro de 2012.

Acorda facer pública o anuncio indicativo no DOUE e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), segundo o artigo 141 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Ponse á disposición dos interesados a seguinte documentación:

– Os acordos de inicio de expediente de contratación.

– O prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que van rexer as ditas contratacións.

–  Os programas funcionais aprobados polo Servizo Galego de Saúde.

– A composición das mesas de contratación correspondentes destes contratos.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos

………………………………………………………………………………………………………..

2012, 4 de octubre: Anuncio del trámite de licitación del Centro de Salud de Galeras:

Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 5 de octubre 2012: noticia en web da Xunta de Galicia 

O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE VAI LICITAR O CENTRO DE SAÚDE DE GALERAS

O Servizo Galego de Saúde vai licitar a construción do centro de saúde do barrio de Galeras, en Santiago de Compostela, nunha parcela cedida por este concello. Para a construción desta obra, que ten un prazo previsto de execución de 14 meses, o departamento que dirixe Rocío Mosquera Álvarez, investirá arredor de 3,3 millóns de euros, cofinanciados pola UE a través do programa FEDER.

Este novo centro de saúde do Servizo Galego de Saúde enmárcase dentro da Estratexia Sergas 2014, de modernización das infraestruturas sanitarias e da rede de atención primaria para mellorar a asistencia prestada aos cidadáns, así como o contorno de traballo dos profesionais.

Correo TV

___________________________________________________________

Noticia en página web de Concello de Santiago: www.santiagodecompostela.org

ALCALDÍA

2012, 4 de octubre: Aprobada a licitación do centro de saúde de Galeras

04/10/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, expresou a súa satisfacción pola aprobación polo Consello da Xunta da apertura do trámite de licitación do novo centro de saúde de Galeras, no que se investirán 3,3 millóns de euros. Agarda que esta sexa unha actuación “relativamente rápida”, de xeito que o Casco Histórico poida dispor pronto do seu centro de saúde.

Para o alcalde, este centro de saúde responde á demanda asistencial existente, polo que valorou que a Xunta priorizase a construción desta infraestrutura. O de Galeras será o quinto centro de saúde de atención primaria, sumándose aos de Concepción Arenal, Fontiñas, Vite e Conxo.

A construción deste centro, xunto coa edificación de vivendas prevista no ámbito, contribuirá, en palabras de Ángel Currás, a poñer en valor esta zona, condicionada durante anos polo abandono a raíz do derrubamento da fachada traseira do antigo Hospital Xeral.

A propósito precisamente do que aínda queda da antiga instalación sanitaria, o alcalde segue a ver con “bos ollos” a posible recalificación dos terreos, hoxe cunha delimitación para uso asistencial e administrativo. Deste xeito, a Universidade de Santiago podería destinar os recursos obtidos a financiar a construción da nova Facultade de Medicina.

_________________________________________________________

El Correo Gallego, 10 de septiembre 2012:

Raxoi valorará recalificar el viejo Xeral para impulsar el Campus de la Salud

El Ayuntamiento de Santiago está abierto a estudiar unos posibles cambios de uso en los terrenos que ocupa el viejo hospital Xeral en Galeras. Este enorme inmueble, abandonado desde hace años, tiene actualmente usos de tipo sanitario, asistencial, residencial-comunitario y administrativo vinculado a estos dos últimos. (…)

_________________________________________________

ImagenLa Voz de Galicia. Santiago, 30 de junio de 2012

La Xunta licita el centro de salud de Galeras

La licitación del centro de salud de Galeras, que se prevé edificar al lado de la Facultad de Odontología, fue aprobada ayer por el Consello de la Xunta.
Se incluye en un paquete conjunto con otros 14 programados en Galicia, y la ampliación del Hospital do Salnés, que supondrán una inversión superior a los 40 millones de euros, de los que 11 millones corresponden a fondos de la Administración autonómica y el resto provienen de la UE y Agader.

La licitación del expediente se anuncia para julio; el plazo para presentar ofertas permanecerá abierto hasta septiembre; las ofertas se evaluarán en octubre; y en noviembre se prevé adjudicar las obras.

Prospera así uno de los dos centros de salud anunciados para la ciudad desde la década pasada, y que han experimentado continuados retrasos hasta ahora.

El más grande

El de Galeras, que atenderá la población de la zona monumental de la ciudad, es el más grande de los dos, pues además de las dependencias para asistencia sanitaria será sede de servicios administrativos del Servizo Galego de Saúde.

Consello da Xunta de Galicia de 29 de junio de 2012

Imagen

___________________________________________________________

El Correo Gallego, 30 de junio 2012

Galeras tendrá al fin su ambulatorio tras más de una década de espera

La licitación del proyecto podría producirse en julio //Contará con 7 consultas de adultos y dos pediátricas

Algo más de una década han tenido que esperar los vecinos del casco histórico por un ambulatorio propio. Justo cuando el sistema público de salud atraviesa uno de sus peores momentos, el proyecto sale de su letargo y la licitación podría producirse en julio. El de Galeras es uno de los 15 centros que la Xunta levantará este año con los recursos derivados de la implantación del copago farmacéutico, según justificó ayer Núñez Feijóo en la comparecencia posterior al Consello. La idea es zanjar la adjudicación en septiembre y, a partir de ahí, se cumplirán los plazos que marque “la ejecución” de las obras, concretó el mandatario autonómico.

Con una inversión de 3,9 millones de euros y una superficie construida de 4.300 m2, el ambulatorio de Galeras contará con siete consultas de medicina general y dos de pediatría, una sala de enfermería de pediatría, una para consulta de la mujer, una para toma de muestras, una sala técnica y tres polivalentes. El inmueble se edificará en los terrenos ubicados en la parte trasera del espacio que ocupaba el Hospital Xeral, con acceso desde la rúa Entregaleras. (…)

Anuncios